Fotografía: loretofoto.jimdo.com

Virandeira prosegue a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo álbum, Metamorfose, un disco co que a banda viguesa evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital.

 

Da música celta ao rock, Virandeira aposta máis que nunca pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.

 

Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Kike Carrillo (batería).